Videoconferencia no colexio Padre Feijoo

Mantiveron contacto con tres membros da Base Antárctica Española.

Estudantes de 4º da ESO e de bacharelato do colexio Padre Feijoo-Zorelle, acompañados da súa profesora Beatriz Temes, participaron este xoves nunha videoconferencia coa base que o exército español ten na Antártida, e desde a que se presta apoio á comunidade científica.

Concretamente falaron con Óscar Núñez, un ourensán que se encarga das telecomunicacións da base, co comandante Pedro Solís, responsable da área de medio ambiente da base, e co profesor de Física Alfonso Ontiveros, responsable de controlar a actividade sísmica do lugar.

A Base Antárctica Española está situada na illa Decepción, dentro do arquipélago das illas Shetlan do Sur do continente antártico.

A sesión incluíase na XXIX Campaña Antártica, cuxos obxectivos son dar a coñecer a biodiversidade da Antártida e concienciar da necesidade de preservar o medio ambiente. Os alumnos preguntáronlle aos profesionais cuestións referidas á vida cotiá na Antártida e á misión que desenvolven alí. Un deserto de xeo con temperaturas de ata -87º graos e fortes ventos que se atopa a 13.000 km de España.