O que deu de si o entroido ou a visita do presidente da Xunta ao colexio de Celanova, imaxes de portada.

No número de febreiro da publicación Barrios para Verín, Xinzo, Allariz e Celanova informamos da visita de Alberto Núñez Feijóo ao CEIP Curros Enríquez de Celanova e recollemos as mellores imaxes dos entroidos de Verín, Xinzo, Laza, Maceda e Celanova.


Ademais, informamos da posición de Unións Agrarias sobre como afectará ao rural ourensán o «catastrazo», dos balances das xuntas de seguridade local de Verín e de Xinzo, da aprobación do orzamento do Concello de Xinzo para 2016 e do anuncio de obras de reforzo de dous viais en Celanova.

Unha entrevista a Martín Álvarez, fundador da asociación cultural e o museo da estruga ou todos os datos do que será a segunda edición da carreira de obstáculos OCR Vila de Allariz son outros dos contidos deste número.

Podes consultalo on line aquí