O domingo 6 de marzo a localidade do Carballiño celebrou a cuarta edición do seu medio maratón.

Os  atletas, máis de 200 os que remataron a proba, tiñan que dar tres voltas a un circuíto de pouco máis de 7 quilómetros ata completar a distancia do medio maratón (21,097 quilómetros).

O primeiro en meta foi o atleta local Luis Iglesias (Atletismo Arenteiro) cun tempo de unha hora 14 minutos e 16 segundos. A continuación chegaría o seu compañeiro de club, José Antonio Corral con tan só cinco segundos sobre o tempo do gañador (1:14:16). O terceiro en liña de meta foi Carlos Lorenzo (CD Portosín) que rematou a proba en unha hora 15 minutos e 36 segundos.

En canto á categoría feminina foi Beatriz Fernández (Corredoiras Bueu) a  máis rápida; o seu tempo unha hora 27 minutos e 45 segundos. A segunda muller sería a súa compañeira María del Rosario Figueroa (1:28:36) e terceira Sonia Teijeiro (Atletas Veteranos Ourense) cun tempo de 1:31:17.

Carreira curta
Ao tempo que se realizaba o medio maratón tamén deuse a saída dunha carreira de 7 km (unha soa volta ao circuíto). O primeiro foi Iván Docampo (23 minutos e 30 segundos) seguido a un minuto e 18 segundos de Albino Fernández (24:49); a un segundo deste entraría Cristóbal Dafonte (24:49).

Na categoría feminina a primeiro foi Marina Losada (31:23) seguida de Lucía Requejo (32:18) e de Elena Pérez (32:41), segunda e terceira, respectivamente. Nesta carreira curta foron máis de medio centenar os participantes.