Disputarase do 23 ao 25 de marzo no pavillón municipal, o complexo deportivo da Granxa e o colexio María Inmaculada.

Durante os vindeiros días 23,24,25 de marzo, celebrarase en Verín a 2ª Edición do Torneo de Fútbol Sala,  organizado por Verín Futsal e o Concello de Verín, coa colaboración da  Adega Tapias de Mariñan e a Deputación de Ourense.

Nesta edición participarán  un total de 56 equipos (18 máis que o ano pasado), conformados -entre equipos e corpo técnico- por un total 700 persoas, procedentes de Castilla La Mancha, Galicia e Portugal.

Este torneo, único nas súas características  na provincia,  terá lugar en tres instalacións deportivas de Verín: o pavillón municipal, o  complexo deportivo da Granxa e no colexio María Inmaculada  e nel participarán rapaces dende prebenxamíns a xuvenís.