Os socialistas denuncian que, pola contra, se incrementen os gastos de persoal ata preto dos 80.000 euros.

O voceiro do Grupo Municipal Socialista no concello do Irixo, Iago Fariñas, denuncia “que un goberno que non pon en marcha una soa iniciativa que xere riqueza para o concello do Irixo e que aproba un orzamento que se reduce este ano con respecto ao anterior en ingresos; sexa capaz de aprobar uns gastos nos seus propios soldos de 73.113.1 euros por tres adicacións parciais máis outros 6.000 euros en dietas dos órganos de goberno, uns 80.000 (79.113,1 €), en total” . Por iso, dende o PSOE renuncian “ a calquera tipo de dieta”.
Segundo Fariñas, “o único que fai o goberno do Irixo, en mans do seu tenente de alcalde é aprobar as mocións da oposición que veñen nalgúns casos con 30 anos de atraso como e o caso da apertura da gardería pública  municipal”. Pero alertan os socialistas de que a pesar de que esta medida foi aprobada o 27 de novembro, nos orzamentos de 2016 non aparece contemplada, “o que seria desexable se realmente se queren facer as cousas ben”, insiste.

Así mesmo, o socialista acusa ao goberno do Irixo de apropiarse dunha moción que o PSOE presentou o pasado 19 de febreiro e que non foi incluída na orde do día da seguinte sesión plenaria, “pero, sorprendentemente, aparecía unha igual do grupo de gobernó, na que se propuña a bonificación do 95% da cota íntegra do IBI  para os bens inmobles nos cales se desenvolvan actividades agrícolas ou gandeiras. Proposta feita polos socialistas e agochada polo grupo de goberno e aprobada como propia”, reclama.
Praza de condutor  de pala

Así mesmo, dende o PSOE destacan que o goberno eliminase recentemente unha praza de condutor de pala mixta retroexcavadora. Segundo aseguran  a súa existencia “presuntamente, beneficiou a un ex-concelleiro do Partido Popular no concello ata que recentemente se xubilou”. “Mágoa que o goberno do Irixo antepoña os intereses persoais, familiares ou de grupo fronte aos intereses xerais de tódolos veciños do Irixo”, insiten.