No marco do Proxecto Ariem 112, entregouse diverso equipamento para as agrupacións e servizos de emerxencias que actúan nesta zona.

Material de emerxencias para os concellos da fronteira con Portugal

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda entregou diverso equipamento paras as emerxencias que actúan na zona transfronteiriza na provincia de Ourense, por un importe de 405.000 euros, grazas ao cal séguese ca premisa de reforzar a atención ás emerxencias en beneficio dos cidadáns de ambos lados da frontera, estando así mellor preparados para facer fronte a calquera emerxencia que poida xurdir e puidendo ofrecer así unha mellor resposta.

O goberno galego, a través do proxecto ARIEM 112 entregou este martes na sede da Eurocidade Chaves-Verín diferente equipamento destinado a mellorar a xestión das incidencias na zona transfronteiriza aos GES do concellos de Lobios, Muiños e A Gudiña; ás Agrupacións de Voluntarios de Vilardevós e Vilar de Barrio; ao servizo municipal de Emerxencias de Laza; e aos con Consorcio contraincendios e salvamento da Comarca de Verín e da Comarca da Limia

Así, o GES de Lobios recibiu 1 vehículo pick up, 1 equipo excarcelación, 5 equipos respiración, 1 xogo de puntais de estabilización; 2 lanzas de auga e 14 mangueras de auga. O GES de Muiños recibiu unha embarcación, 5 equipos respiración; 2 lanzas de auga e 14 mangueras de auga; e o GES da Gudiña recibiu 5 equipos respiración, 2 lanzas de auga e 14 mangueras de auga. O concello de Vilardevós recibiu un remolque e un vehículo pick up, e o concello de Vilar de Barrio un remolque destinado á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Pola súa banda, o Consorcio contraincendios e salvamento da Comarca de Verín recibiu 20 equipos respiración, 1 cámara térmica, 1 embarcación, 365 racores, 4425 detectores de fume, 4 coxins neumáticos, 3 traxes químicos, 1 ducha descontaminación, 3 carros de aire, 175 garrafas de 25 litros de espumóxeno, 3 medidores de gas e 52 cascos de bombeiros.

Ao acto asistiron a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, o director de Emerxencias e Interior, Luis Menor; o xerente da AXEGA, Juan José Muñoz; a representante da CCDRN, Marilia Silva; o presidente da cámara de Chaves, António Cândido Monteiro, ademais de alcaldes, concelleiros e representantes das emerxencias dos concellos e dos consorcios.