O Campus Universitario Ourense Coosur venceu nas semifinais polo título e está a un paso do ascenso.

O Campus xogarase o título diante do Ferrol

O Campus Ourense logrou derrotar nas semifinais do playoff ao Pontevedra por 62 a 5. Isto fai que loite polo ascenso a División de Honra B.

O partido tivo dúas partes diferenciadas nas que houbo unha mellor primeira parte que destacou sobre a segunda aínda que o número de ensaios foi similar en ambas as cun total de 10 ensaios.

Houbo un dominio claro por parte dos ourensáns que saíron fortes e xa, no minuto dous, marcaron o seu primeiro ensaio por parte do centro Pelos e transformado por médiolle melé Andy. O resto do encontro apenas pasaron apuros; a primeira metade remataba co resultado de 31 a 0.

A segunda metade non variaría e os ourensán lograron 31 puntos máis polos 5 dos pontevedreses para deixar o resultado final de 62-5.

Esta victoria permite a clasificación para a final que se celebrará o próximo sábado, ás 15 horas, contra o Ferrol RC. O equipo que resulte vencedor pasará á fase de ascenso a División de Honra B.