Suporá unha inversión global de máis de 4,5 millóns e estará ubicado en Mariñamansa.

Primeiros trámites administrativos do Centro Interxeracional que a Fundación Amancio Ortega construirá en Ourense

Tan só un mes despois da firma do convenio de colaboración entre  a Fundación Amancio Ortega (FAO), o Consorcio Galego e o Concello de Ourense (asinouse o 01 de marzo en Arteixo) o proxecto diseñado para a FAO por Elsa Urquijo Arquitectos foi presentado xa no Concello de Ourense para a súa revisión por parte dos técnicos municipais e comezando así os trámites administrativos para a súa construcción.

Empeza así a materializarse e a facerse realidade a aposta decidida do goberno municipal presidido polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez polas políticas sociales e inclusivas para a cidade  e os seus veciños e veciñas.

“Este Centro Interxeracional suporá un elemento diferenciador único en España polas súas características, non só da construcción, senón tamén polos obxectivos propios do programa para dar cumprimento ás necesidades nas áreas de infancia e de maiores. Estamos ante un dos proxectos máis importantes que albergará a nosa cidade, polo seu carácter innovador e fondamente inclusivo”, recalca o alcalde, Jesús Vázquez.

A súa construcción e equipamento será asumido pola Fundación Amancio Ortega, estará ubicado na rúa Ramón Abellás (barrio de Mariñamansa), nunha parcela de titularidade municipal cedida ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para este fin. Unha vez finalizada a obra -cuxo deseño responde ao modelo creado para a Fundación Amancio Ortega por Elsa Urquijo Arquitectos- o Consorcio será o responsable, xunto co Concello de Ourense, da posta en marcha do centro e da integración da escola infantil na Rede Pública de Escolas Infantís de Galicia. En concreto, a escola infantil, que atenderá a nenos de 0 a 3 anos, contará con seis aulas (dúas para cada franxa de idade) e espazos comúns (comedor, baños e vestiario  adaptado, zona de cociña e despensa, almacén e patio propio, entre outros). Pola súa  parte, o centro para persoas maiores, dirixido a promocionar a autonomía e previr a dependencia deste colectivo, disporá de seis salas para actividades e usos múltiples, aseo e vestiario adaptado, sala de curas, lavandería, comedor e patio.