O club da Calceta de Verín recada 500 euros para alimentación infantil.

Tecendo soños

Durante as dúas xornadas da Feira do Lázaro, o Club da Calceta ‘Tecendo Soños’ da Escola de Familia Municipal promoveu unha iniciativa solidaria destinada a venda de artigos de calceta e bixutería, doados polas persoas que o integran, co obxecto de recadar fondos destinados a alimentación infantil.

Para levar a cabo devandita iniciativa, o Club da Calceta contou cun stand no recinto feiral atendido polas persoas integrantes do mesmo, que se encargaron non só de montar e colocar os produtos expostos senón tamén de vendelos o público asistente a Feira do Lázaro de Verín. Un gran esforzo e dedicación, por parte destas voluntarias, que permitiu recadar un total de 500 euros que serán doados para adquirir produtos de alimentación infantil.

Desde o Concello de Verín quérese agradecer a colaboración altruísta de todas as participantes do Club da Calceta durante esas dúas xornadas de atención ao público na feira, así como a todas as persoas que doaron os seus traballos persoais para esta iniciativa solidaria.

O Club da Calceta ‘Tecendo Soños’ iniciouse o 12 de decembro de 2013 co obxecto de ser un lugar de encontro entre as persoas interesadas no aprendizaxe da calceta e en compartir estar labor tradicional. A mesma atópase enmarcada dentro da Escola de Familia Municipal na que tamén se inclúen outras actividades como ‘Kero-Informátika’, ‘Kero-Kolo’ ou ‘Kero-Kedar, ‘Kero-Kedar +’. A iniciativa da Escola de Familia Municipal naceu como lugar de encontro, de formación e de intercambio de ideas, experiencias e actividades para todos/as verinenses, que incremente a sensibilización cidadá neste sentido. Está enfocada cara o desenvolvemento positivo de actividades que potencien competencias e actitudes cun carácter pragmático, con mensaxes sinxelos e claros entre as persoas participantes, na que se traballará o esforzo, a cooperación, a responsabilidade, igualdade, autonomía, respecto, aprendizaxe continuo, desexo de saber, creatividade, espírito crítico, asunción de riscos e aceptación de erros.