As fotografías premiadas serán expostas na rúa do Paseo.

Entregados os premios do I Concurso de Fotografía Mascotas Adoptadas Responsablemente

O Salón de Plenos acolleu este martes a entrega de premios do I Concurso de Fotografía Mascotas Adoptadas Responsablemente, organizado polo Concello de Ourense.

O primeiro premio, dotado con 500 euros, foi para “Unha rubia tirada na praia”, de Miguel Tirado Val, mentres que o segundo premio recaeu en “Amores Perros”, de Brais Lorenzo Couto. Recibirá 200 euros.

Ademais, repartíronse catro accesits, con 70 euros cada un, a «Tres días”, de Lois Anxo Cid García, “Copito”, de Oscar López Novoa, “Vagalume”, de Hector Novoa Pérez, e “Mi segunda oportunidad”, de Ana Belén Gómez Couceiro.

A concelleira de Sanidade, Sofía Godoy, agradeceu a participación neste certame posto en marcha polo actual goberno municipal e invitou a seguir concienciando aos ourensáns na adopción de mascotas, “porque se trata de compartir vida”.

Tamén anunciou que as fotografías gañadoras serán expostas o vindeiro día 7 na rúa do Paseo e que este ano, por primeira vez, a Semana da Saúde contemplará un paseo con mascotas adoptadas o domingo 17 de abril.