Os traballos poderán afectar ao tráfico rodado e ao abastecemento.

A empresa concesionaria do servizo de augas en Ourense, Viaqua, comezou as tarefas de fresado e asfaltado en quente dos pavimentos afectados por avarías nos últimos meses. Os traballos iniciáronse na área de Cabeza de Vaca, e proseguirán este mércores e xoves na avenida de Zamora. Estas actuacións poderían provocar interrupcións puntuais de tráfico nos tramos afectados, polo que se coordinarán estas tarefas coa Policía Local.

O xoves comezarase a actuar no inicio da avenida de Zamora, á altura do número 6, na confluencia da rúa Concello co Paseo e nas Lagoas. As última fase das actuacións comprenderá os días 8 a 11 de abril, datas nas que está previsto rematar Concello con Paseo e Lagoas 3, e actuar en Alejandro Pedrosa 28, Sáenz Díez 12 e O Pino. Estas tarefas non se puideron facer até o de agora porque é preciso que a superficie estea seca.

O Concello de Ourense prégalle á veciñanza que sexa paciente e desculpe as molestias ocasionadas, xa que poderían, puntualmente, afectar ao servizo de abastecemento de auga.