A cancha central e o o anexo do pavillón dos Remedios serán a sede desta sexta edición do "Cidade de Ourense".

O 9 de abril celébrase o VI Torneo Internacional de balonmán veterano

O sábado 9 durante todo o día disputarase no pavillón dos Remedios (cancha central e anexo) a sexta edición do Torneo Internacional de balonmán veterano «Cidade de Ourense».

Este torneo o disputarán oito equipos de Madrid, Avilés, Aveiro (Portugal), Lalín, Zamora, Valladolid e o equipo anfitrión (Veteranos Ourense).

Os oito equipos dividiranse en dous grupos de catro xogando todos contra todos. Unha vez rematada a fase de grupos disputaranse os encontros para coñecer a clasificación final.

Así os cuartos de cada grupo xogarán entre si para dilucidar o oitavo e sétimo clasificado; os terceiros xogarán polo quinto e sexto posto; os subcampións de cada grupo enfrontaranse polo terceiro e cuarto posto. E finalmente, ás 18:30 horas, os vencedores de cada grupo xogarán para coñecer ao gañador deste trofeo.

Grupo A
No grupo están encadrados os seguintes equipos: Virgen de Europa Madrid; Yo jugué balonmano Atlético Valladolid; Corvera e Lalín.

Grupo B
O grupo B está conformado por: Veteranos Ourense; La Salle Valladolid; Veteranos Andebol Aveiro e La Muralla Zamora.