No tramo entre Xoan XXIII e a praza Concepción Arenal.

O carril central da avenida da Habana pecharase por obras o sábado

Con motivo das obras do proxecto de urbanización da rúa Concello, o sábado 9 de abril procederase a pechar ao tráfico o carril central da Avenida da Habana no seu último tramo -desde a esquina con Xoán XXIII até o final da mesma- entre as 8:00 h e as 20:00 horas.

Este corte é preciso para garantir a seguridade viaria durante a execución da conexión da rede de saneamento proxectada na rúa Concello coa rede municipal existente. A conexión realizarase nun pozo emprazado na prolongación da Avenida da Habana cara á fonte de Concepción Arenal, a unha profundidade aproximada de dous metros.

O Concello de Ourense agradece a comprensión e o civismo dos condutores que se despracen por esa céntrica rúa o sábado 9.