Roteiro de menciñeiras, acción de rúa, petiscada e concertos na xornada de despedida.

Ourense acolle as VII Xornadas de Agroecoloxía, organizadas polos colectivos A Galleira, Amigos da Terra, Cineclub Padre Feijoo, Semente, Silvardeiras, Sustinea e Xurumelxs. Tras tres anos sin contar con esta actividade, retomáronse unhas xornadas nas que os asistentes poden gozar dunha chea de actividades, desde visitas a produtoras de agricultura ecolóxica ata cine, obradoiros ou palestras informativas ata  roteiros, accións de rúa, petiscadas e concertos.

Este sábado 9 de abril, ás 11:00h nas Burgas, as Silvardeiras nos convidan a realizar un «Paseo entre menciñeiras, coñecendo as herbas de ribeira» dende ás Burgas, ata a Horta da Terra, no barrio do Polvorín. Durante o paseo, entre todas, recolleremos e identificaremos as plantas que nos vaiamos atopando. Unha vez cheguemos á horta haberá un espazo onde podamos compartir coñecementos sobre estas ou outras plantas de interese.

Ás 20:00h na Praza do Ferro será Xurumelxs o grupo que coordinará unha Acción de rúa contra o Glifosato.

E, para celebrar o máis que probable éxito das xornadas e o décimo aniversario de Semente, desde as 21:00h na praza do Correxidor,haberá unha petiscada ecolóxica a prezos populares, cos que coller forzas para os concertos que comenzarán ás 22:00h no Auriense, sito na mesma praza, e que correrán a cargo dos grupos «Ukelería» e «O Sonoro Maxín»