Este sábado ás 15 horas no campus universitario o Campus Ourense recibe ao Ferrol na final da 1ª Territorial.

O Campus Ourense, a polo campionato e a fase de ascenso

O Campus chega como favorito a un encontro no que se dilucidará quen é o campión da Primeira Territorial, ademais de saber que é equipo xogue a fase de ascenso a División de Honra B. E é que o vencedor ten asegurada a súa presenza na promoción de ascenso.

Campus e Ferrol, ou o que é o mesmo, primeiro contra segundo na Liga regular son os que loitarán polo título.

O partido a priori é moi complicado e difícil para ambos os bandos dado que son os únicos equipos que perderon entre eles cunha vitoria para cada un. Será un duelo de titáns posto que ambos os equipos son moi fortes e coñécense bastante ben. Serán oitenta minutos de moito traballo en dianteira e tres cuartos e desexamos poder ver un bonito partido de rugbi entre dous equipos que traballaron moi duro na liga.

O Campus Ourense quere o título pero non se conforma con só iso. Tamén queren ascender á segunda división do rugbi nacional. Este é o momento.