Tres ourensáns lograron colocarse nos primeiros postos.

Os mellores ao clarinete

Xa se coñecen os gañadores do II  Concurso de clarinete “Cidade de Ourense”, celebrado o pasado 2 de abril e organizado polo Concello e o Conservatorio Profesional de Música de Ourense. Unha cita á que acudiron numerosos virtuosos deste instrumento que permitiron unha xornada inesquecible para os amantes da música.

De entre os gañadores destacaron tres ourensáns. Na categoría A, logrou a terceira posición Alejandro Vázquez; e na B, Pablo Pombar Vázquez e Andrés Rodríguez fixéron co segundo e terceiro posto, respectivamente.