O domingo 10 de abril a cancha central dos Remedios será o escenario deste evento que chega a súa oitava edición.

O VIII Torneo de Primavera de ximnasia reunirá 420 ximnastas

O domingo 10 de abril a cancha central dos Remedios será o escenario deste evento que chega a súa oitava edición.

O VIII Torneo de Primavera de ximnasia reunirá a 420 ximnastas. Durante todo o día do domingo 10 de abril a cancha central dos Remedios será o epicentro en Galicia da ximnasia rítmica.

O torneo dividirase en xornada de mañá e tarde. Pola mañá terá lugar a competición de conxuntos e pola tarde as actuacións individuais onde participarán ximnastas que están preparando o Campionato galego de clubs.