Os técnicos municipais realizarán esta semana o proceso de selección dos 25 participantes co fin de comezar a actividade o luns 18 de abril.

218 solicitudes para participar na primeira Lanzadeira de Emprego de Ourense

A primeira Lanzadeira de Emprego que se desenvolverá no Concello de Ourense, en colaboración coa Fundación Telefónica e a Fundación Santa María La Real, acadou xa un notable éxito no que a solicitudes de participación se refire. O pasado día 7 pechouse o prazo de inscrición deste innovador programa para a búsqueda activa de emprego. En total, recibíronse 218 solicitudes, 194 delas por vía telemática e as 24 restantes en formato papel. O convenio suscrito co Concello especificaba que o número de solicitudes debía ser tres veces superior ás prazas ofertadas (25 prazas e 75 solicitudes como mínimo).

Durante esta semana, a coordinadora do proxecto realizará o proceso de selección dos 25 participantes, co fin de comenzar a actividade da Lanzadeira de Emprego o vindeiro luns 18 de abril. A duración deste programa é de cinco meses.

As 25 persoas que resulten seleccionadas, reuniranse varios días á semana en locais cedidos polo Concello. Levarán a cabo sesións de coaching e intelixencia emocional, dinámicas de comunicación, marca persoal e procura de emprego 2.0; adestramento de entrevistas persoais; elaboración de mapas de empleabilidad, visitas a empresas, reunións con emprendedores e procesos de intermediación laboral con responsables de recursos humanos.

Esta lanzadeira de Ourense será a primeira que comece a funcionar en Galicia, e está incluída nas 145 que Fundación Telefónica e Fundación Santa María a Real poñerán en marcha este ano por todo o país, para o que se conta tamén coa colaboración e cofinanciación do Fondo Social Europeo.