O novo vehículo da marca alemana presenta as últimas novidades en seguridade e tecnoloxía. Poden descubrilo en Garza Automoción.

Novo Mercedes Clase E, a un paso da condución autónoma

Garza Automoción acolleu o pasado xoves a presentación do novo Mercedes-Benz Clase E, a décima xeración da súa berlina Business.

Líder en eficiencia (grazas aos seus novos motores diesel de catro cilindros, a súa iluminación LED e as súas nove velocidades, que permiten cambio de relación rápido nun réxime de revolucións máis baixo), este novo modelo presenta as últimas novidades do sector en seguridade e tecnoloxía para facilitar a viaxe, tanto en estrada como en cidade, con prestacións que nos achegan cada vez máis á condución autónoma.

De feito, entre elas podemos destacar que a nova Clase E conta cun servofreo de emerxencia (que alerta ao condutor dunha colisión inminente e pode frear de xeito autónomo), co “drive pilot” (que fai que o vehículo siga en autovías e estradas de xeito autómatico ao precedente – nun marxe de velocidade de ata 210km/h- gardando a distancia de seguridade), é posible aparcalo e desaparcalo dende o exterior do vehículo a través do noso teléfono móvil en prazas de aparcamento reducidas, e dispón dun sistema de impulso lateral (cunha cámara de aire que despraza ao pasaxeiro en caso de colisión inminente para alonxalo do punto de impacto e que diminúan as forzas que actúan sobre el).

Impresionantes  características, que xunto ao seu deseño deportivo e o seus acabados interiores fan do novo Mercedes Clase E un dos mellores vehículos do mercado.

A venda a partir dos 48.000 euros, os ourensáns interesados en probalo e descubrilo a fondo poden facelo achegándose a Garza Automoción, no Polígono de Barreiros.