Dous anos despois da súa fundación a Unión Deportiva Ourense xa está en Primeira Rexional.

Ascenso da UDO. Fotos; Carlos Domarco.

Sobraron cinco xornadas para que a Unión Deportiva Ourense logre o ascenso de Segunda a Primeira nun partido contra o Arrabaldo no que tivo que remontar un 0-2 adverso.

A vitoria a tiñan na mente antes de xogar o encontro e iso fixo que os unionistas estiveran a piques de aprazar un ascenso que tiñan na man desde fai varias xornadas.

O marcha triunfal de 18 encontros consecutivos vencendo fixo que creran que a vitoria estaba no peto antes de xogar o partido, e case lles custa un disgusto esa crenza. O Arrabaldo, como un dos mellores equipos da competición que é, plantoulles cara e incluso foi superior durante unha hora longa de partido. Ese dominio reflectiuse no marcador co 0-2, goles de Pascual e Pica.

Faltaban 20 minutos e todo facía supoñer que o ascenso quedaría prazado, alomenos, unha semana máis. Pero este equipo o que sabe facer e sufrir, e tirando de raza tocou zafarrancho.

Cristian Dacosta lograb recurtar diferenzas con golazo pola escadra. Pero o protagonismo quedaría para Julio Salgado. O dianteiro saíra desde o banco e a súa firma levaron os dous seguintes goles. A empate tras pase de Cristian; Salgado recurta ao porteiro e marca a pracer. A euforia desatouse cando o encontro chegaba ao seu fin. Entón Omar centraba en diagonal a Xaco que ao ver a saída do porteiro rival fai unha vaselina que se queda a metade de camiño, pero nestas aparece Julio Salgado que so ten que empurrar o balón ás mallas. O ascenso estaba no peto.

Co pitido final desatouse o ledicia. Afeccionados e xogadores fundíronse para festexar un ascenso, o segundo da curta historia da Unión Deportiva Ourense.

Uns 1.400 afeccionados estiveron presentes na bancada do Couto para ver a un equipo que xa é de Primeira.