Xa está na rúa o número 138 do Barrios Deportivo

Barrios Deportivo 138

No número 138 do Barrios Deportivo sacamos en portada ao Club Ourense Baloncesto, a Unión Deportiva Ourense e ao Campus Universitario Ourense Coosur.

O COB está ante a oportunidade de acceder por segundo ano consecutivo a un playoff de ascenso. A Unión Deportiva Ourense sumou o segundo ascenso consecutivo da súa curta historia. E o Campus Ourense de rugbi logrou o título de Liga na Segunda Territorial.

A Copa Xunta de fútbol sala feminino será a protagonista nas páxinas centrais. E seguindo co fútbol sala falamos de como van o Envialia e o Cidade na Primeira División, e o Sala Ourense e Pizarras Los Tres Cuñados en Segunda B.

Presentouse a sexta edición do circuíto de carreiras populares «Correndo por Ourense». Tamén facémonos eco da pista de atletismo cuberta que construirase en Expourense.

Judo, kung fu, orientación, motor e moito máis no número 138 do Barrios Deportivo.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha