Os socialistas destacan que este emplazamento se trata dun ben de interese cultural.

O Grupo Municipal Socialista solicitará por rexistro xeral a copia da autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para a instalación dun cartel informativo das obras a executar na Ponte Romana por parte da Xunta de Galicia, ademais da solicitude correspondente por parte da Axencia Galega de Infraestruturas; ante a aparición dun cartel informativo “cravado” en plena Ponte Romana, ben catalogado de interese cultural (BIC) e parte fundamental do patrimonio histórico da nosa cidade. Os socialistas denuncian este tipo de situacións que veñen derivadas “do afán de protagonismo do alcalde e neste caso tamén do presidente da Xunta, con fins claramente electoralistas”. Segundo o PSOE, un exemplo claro foi tamén o ocorrido esta fin de semana pasada coa visita do conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, e do propio Jesús Vázquez á Rúa Francisco Llorens para “facer a foto”, e a día de hoxe “seguir pechada ao público, coas consecuencias que esto supón para os veciños e comerciantes da zona”.

Asemade, denuncian “a premura para cortar a circulación na rúa Marcelo Macías sen que houbera sequera obreiros para executar as obras de mellora de beirarrúas, cunha falta clara de organización e previsión por parte do Goberno Municipal e do organismo autonómico; ocasionando un colapso inútil de tráfico na cidade”.

Finalmente, os socialistas advirten tamén de posibles retrasos na duración das obras da rúa Concejo, “coa novidade recente que deixou patente a falta de previsión do goberno do PP, que fixo que tiveran que cortar un carril na avenida da Habana, que inicialmente non era necesario”.