partidos do Burgas Voleibol durante a fin de semana

Partidos dos equipos do Burgas Voleibol

O Club Burgas Voleibol tivo unha actividade frenética a pasada fin de semana en canto aos seus equipos se refire.

No Paco Paz celebrouse o unha xornada de deporte escolar na que participaron tres equipos alevíns (Burgas Padre Feijoo Allariz, Concepción Arenal 1, Concepción Arenal 2) e dous equipos benxamíns (Burgas Padre Feijoo Allariz e o Concepción Arenal).

Copa Diputacion
O equipo feminino infantil Concepcion Arenal xogou na Copa Deputación contra o CVO co que perdeu por tres a cero e contra o IES Lauro Olmo ao que venceu (3-0). O equipo cadete feminino Burgas IES Allariz tamén xogou un partido de Copa diante do Dompa Rúa ao que venceu con comodidade (3-0). E o equipo xuvenil feminino Concepcion Arenal enfrontabase a o CVO co que perdeu por tres sets a cero.