O xoves 21 de abril, ás 20 horas no Liceo de Ourense

A europarlamentaria Marina Albiol estará no Liceo de Ourense este xoves 21, a partir das 20 horas, participando na Xornada informativa “Os tratados secretos da Unión Europea”, que organiza a Plataforma Cidadá de Ourense “Non ao TTIP”.

Este acto realízase no marco da campaña informativa que desenvolve a plataforma para denunciar as negociacións que se realizan, de maneira opaca, entre a Comisión Europea e os gobernos de Estados Unidos e outros países “para crear un novo modelo regulatorio que garanta os beneficios multimillonarios das grandes empresas transnacionais á conta da perda de dereitos e liberdades básicos da cidadanía”. Destacan o interese desta charla, dado que “Albiol é unha das poucas persoas que puido revisar de primeira man os documentos relativos a estes tratados en Bruxelas”.