A concelleira Sofía Godoy asiste á Xornada “Cidades promovendo hábitos saudables”.

O Concello de Ourense participou durante os días 21 e 22 de abril na Asemblea da Rede Española de Cidades Saudables e a Xornada “Cidades promovendo hábitos saudables”, que se desenvolven na cidade de Córdoba organizadas pola Federación Española de Municipios e Provincias, o Ministerio de Sanidade, o Concello de Córdoba e a Rede de Cidades Saudables, e á que asiste a concelleira de Sanidade, Sofía Godoy.

O obxectivo é contrastar boas prácticas de iniciativas de promoción da saúde con outros concellos e aproveitar experiencias de éxito para avaliar a posibilidade de trasladalas Ourense, así como intercambiar coñecemento e casos prácticos con outras cidades españolas. A rede de cidades persegue así crear vínculos de colaboración

O Concello de Ourense adhírese nesta xornada ás novas estratexias da rede de cidades saudables e incorpórase a grupos de traballo e comités técnicos xunto ao Ministerio de Asuntos Sociais, Sanidade e Igualdade e outros concellos respecto ao proxecto de cidades saudables, no marco da Rede.

Na xornada do xoves, a Asemblea da Rede aprobou a a posta en marcha do plan de actuación da rede española para o bienio 2016-17 e realizouse un foro de boas prácticas e iniciativas de concellos para favorecer un envellecemento activo e saudable.

O venres divulgáronse experiencias de éxito desenvolvidas en cidades como Valladolid, Leganés, Málaga, Santander, Puerto Lumbreras, San Fernando, Guadix, Cambrils, Mieres e Palma de Mallorca, en materias como envellecemento activo, promoción de estilos de vidas saudables, e infancia.

Presentáronse novos proxectos piloto de concellos para previr o deterioro funcional e a fraxilidade, e intercambiaranse experiencias con Iberoamérica en prevención da obesidade.