A Xunta de Goberno Local deu conta dun informe a este respecto da Concellería de Infraestruturas.

O Concello de Ourense dedicou 375.000 euros a arranxos de infraestruturas no primeiro trimestre de 2016

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense, celebrada este xoves, deu conta das actuacións de reparación, mantemento e conservación, nas que foron investidos 375.000 euros no primeiro trimestre do ano. “Falamos de actuacións non programadas, derivadas de incidencias que xorden no día a día, de xeito inopinado e incluso con carácter de urxencia e que detectadas polo persoal municipal ou comunicadas ao servizo pola Policía Local ou mesmo polos propios cidadáns”, explicou o alcalde, Jesús Vázquez, antes de enumerar o número total de “bacheos, arranxos en beirarrúas, arranxos en viais e camiños, actuacións en reixas e arquetas, arranxos de muros, acondicionamento de escaleiras, arranxos en lavadoiros, actuacións en mobiliario urbano, podas, desbroces no perímetro rural, así coma outras actuacións en alumeado público”, dixo.

En materia de bacheo leváronse a cabo 45 actuacións, unhas de carácter puntual coma na avenida das Caldas ou na Batundeira, e outras de maior extensión e complexidade coma na rúa Santa Marta –Sta. Cruz-, o una Lama –Palmés-. No tocante ásas beirarrúas, as reparacións máis habituais consisten no arranxo de plaquetas, se ben tamén se ten acometido outras actuacións de maior calado debido a afundimentos e incidencias diversas, coma na avenida de Portugal –afundimento beirarrúa-. A finais de marzo tíñanse executadas 19 actuacións. En canto ás vías e camiños, téñense arranxado tramos parciais de vías coma por exemplo.a rúa da Saínza no cruce con Ramón Puga no que se procedeu ao acondicionamento da zona do paso de peóns, e tamén se abordaron reparacións integrais, coma a do camiño da Cantareliña ou a da rúa da Piña.

Así mesmo, actuouse en diversas reixas e arquetas que presentaban deterioro, procedendo á substitución daquelas que non eran susceptibles de arranxo, e tamén se executaron novas canalizacións de pluviais en diversas vías nas que se detectou a súa necesidade.

Específicos do Perímetro Rural son os lavadoiros e, nos tres primeiros meses do ano, téñense acondicionado seis mediante actuacións de limpeza, impermeabilización, encintado e reparación de acometidas e desaugadoiros.

O mobiliario urbano abrangue, entre outros elementos, bancos, varandas, elementos disuasorios coma fitos e outros, e mesmo xardineirascando, alén da función estética se empregan como elemento disuasorio en relación cos vehículos a motor.

En tres meses arranxáronse un total de 91 bancos xa instalados, e colocáronse 21 bancos en novos emprazamentos. “Os bancos son arranxados polo persoal municipal, in situ ou nos talleres do Campo da Feira, onde tamén se montan os novos”, puntualizou o rexedor.

Tamén se acometeu a reparación de varias varandas de protección, tanto de madeira coma metálicas, e se instalaron dous tramos novos, un na rúa Neptuno e outro na confluencia da rúa do Pazo coa rúa dos Chaos. Inclúense, dentro das actuacións de mantemento as podas e roces no Perímetro Rural, funcións que realizan as brigada municipais: podas en 14 parroquias así coma no Polígono do Vinteún e no Polígono de Seixalbo. En relación co alumeado público cómpre sinalar que as principais avarías que se producen teñen que ver coa substitución de lámpadas e equipos de luminarias e, en xeral, arranxos derivados de fugas e curtocircuítos.

O termo municipal de Ourense conta con, aproximadamente, 23.500 puntos de luz e 430 cadros. Ante a evidente dificultade para relacionar unha a unha as actuacións acometidas, cabe indicar tan só que desde o departamento de alumeado público se veu atendendo, nos tres primeiros meses do ano, unha media de 12 incidencias diarias.