Xa está na rúa o número 139 do Barrios Deportivo

Barrios Deportivo 139

No número 139 do Barrios Deportivo saca en portada a COB que forzou o cuarto partido diante do Burgos; aos atletas do circuíto «Correndo x Ourense» que participaron na primeira cita no barrio do Vinteún e ao seleccionador Vicente del Bosque que visitou Maceda.

A Unión Deportiva Ourense busca sumar récords a súa curta historia e quere seguir gañando; ademais realizou a súa asamblea extraordinaria na que aceptaron subir o prezo dos carnéts para a vindeira tempada.

Abel Jurado impúxose no I Ralimix de Piñor. En fútbol sala, augas revoltas baixan no Sala Ourense Prolsport; o Ourense Envialia presentará á presentadora Paula Vázquez como madriña da entidade antes do encontro fronte Orvina. O Cidade visita ao Elche.

Artes marciais, máis atletismo, xadrez, doma e moito máis, no número 139 de Barrios Deportivo.

Se queres ver ou consultar o  periódico pincha neste enlace. Pincha