Andrea Bello e Ecequiel Quiroga estiveron nas finais do Campionato de España de dsalvamento acuático.

Andrea Bello sétima no Campionato de España

O club Salvour estivo presente na cuarta edición do Campionato de España de salvamento acuático e Aberto Internacional de Madrid.

Ecequiel Quiroga Ramos e Andrea Bello Armada foron os representantes ourensáns neste evento que se mediron aos mellores españois e europeos.

Bello tivo unha gran actuación o que lle valeu para lograr clasificarse para a final júnior (final C) dos 200 metros obstáculos logrando rebaixar a súa mellor marca persoal (2’29”00). Andrea Bello foi sétima entre as júnior. En 100 metros de rescate combinado logrou a mesma posición (sétima) pero nadando na final B absoluta. Pola contra, en 50 metros de rescate de maniquí non puido clasificarse para as finais.

Ecequiel Quiroga non foi quen de repetir a excelente actuación da edición anterior nos 200 metros obstáculos. Nesta ocasión foi 13º (cun tempo de 2’13» 33) nadando na final B e lonxe do seu récord galego acadado o ano pasado.