Ourense acolleu o Campionato de España sénior de badminton onde cinco medallas acadáronas os xogadores locais.

Cinco medallas para Ourense no Campionato de España de badminton

Durante tres días disputouse este torneo que congregou a máis de 200 deportistas de todas as comunidades autónomas. Os ourensáns chegaban con serias opción de lograr algún podio. Finalmente foron catro pratas e un ouro.

Mercedes Fernández logrou a medalla de ouro na categoría B2 en dobres feminino facendo parella Pia Ane Sorensen. Fernández tamén logrou a prata en individual.

As outras medallas foron as pratas de Miriam Fernández facendo parella con Cristina Lamas en dobres B1; Miguel Ángel Quiroga, en C1 que foi segundo en dobres mixto con Gloria Latorre. E a última prata foi para Julio Fernández en super veterano plus.