Consideran que a resolución da adxudicación dos terreos debía ter sido por correo certificado ó fallar a comunicación telemática, xa que afecta a 25 persoas que residen de xeito habitual na zona.

A Asamblea Aberta Benposta Ourense acusa á Seguridade Social de “abuso e mala praxis”

A Asamblea Aberta Benposta Ourense presentou o pasado 4 de maio un escrito de nulidade á Seguridade Social debido a que nese mesmo día non se podía adxudicar a finca posto que había a posibilidade de pagar o 70% polo debedor. “Curiosamente ó día seguinte produciuse a adxudicación segundo o escrito remitido pola Seguridade Social e o único argumento que esgrime é que xa estaba a adxudicación feita cando recibiu a nulidade”, denuncian.

“Todo isto sabémolo porque solicitamos unha nota simple no Rexistro da Propiedade para comprobar o estado dos terreos de Benposta, xa que non recibimos notificación algunha”, engaden. “A nosa sorpresa foi cando chegamos e vimos que xa constaba unha anotación preventiva da adxudicación á empresa Alfer con data do 28 de abril de 2016”.

Para este colectivo resulta chamativo que esta Administración Pública, coñecedora de que residen de forma habitual máis de 25 persoas en Benposta, proceda a notificar electrónicamente dita resolución, cuxo envío resultou fallido, e non o faga doutro xeito. Cren que debía enviarse mediante correo certificado, dado que resultaron fallidos os intentos telemáticos, e non dala por notificada como se fóra unha simple débeda. “Cremos que a Tesoureiría non actuou de boa fe, un principio que debe darse en todo acto administrativo, e ocultou información, o que evidencia que non había interese real en que se coñecera o contido da resolución”, reclaman.

Por todo iso, están a estudar as accións legais oportunas para salvagardar a vivenda destas personas e o patrimonio material e inmaterial deste contorno, “xa que entendemos que houbo abuso e mala praxis por parte da Administración pública”.