Do contrario, instan ao alcade de Ourense a recindir a concesión deste servizo.

CCOO esixe a readmisión da delegada sindical do Matadoiro Municipal

CCOO informa que a dirección da empresa «Matadero de Ourense, SL», concesionaria do servizo público municipal do matadoiro, leva xa máis dun par de anos arremetendo unha vez tras outra mediante reiterados ataques e accións laborais represivas contra a delegada sindical de CCOO. Pablo Estevez, portavoz da Federación de Industria de CCOO en Ourense, advirte que “as actuacións reiteradas e persecutorias do empresario, de non reverterse, considerámolas susceptibles de que podan rematar sendo cualificadas como de persecución sindical na xurisdición laboral e que, na nosa opinión, son consecuencia dunha clara estratexia empresarial que persegue desfacerse de testemuñas incómodas que podan fiscalizar e denunciar as actuacións irregulares da empresa na xestión do servizo público municipal do matadoiro”.

CCOO empraza ao empresario a que se aveña a razóns e facilite resolver este conflito positivamente e con cordura, repoñendo á traballadora no seu posto de traballo e permitíndolle exercer a súa representatividade sindical con normalidade.

Advirten dende CCOO que “de persistir a postura radical de ataques irracionais do empresario contra a delegada de CCOO, emprazaremos ao alcalde da cidade a que inicie o procedemento para rescindir a concesión deste servizo público coa actual empresa concesionaria, revertendo a xestión á unha xestión pública directa”.

O Gabinete Xurídico de CCOO estuda así mesmo nestes momentos a posibilidade de dar conta ao ministerio fiscal do acontecido e da situación laboral desta empresa, por si as actuacións empresariais puideran ser susceptibles de poder chegar a ser cualificadas como delictivas contra os dereitos dos traballadores.