Barrios Deportivo 140

O número 140 do Barrios Deportivo saca en portada a Gala do deporte galego que tivo lugar en Ourense e con protagonismo ourensán. Tamén en portada facémonos eco da gala solidaria en favor do 13 veces campión do Mundo de full cotact, Simón González, e que se celebrou no Paco Paz.

O COB está pendente da firma con Abanca para poder o ano que vén poder xogar na Liga Endesa. Cinco medallas leváronse os ourensáns no Campionato de España de badmintom sénior.

En canto ao atletismo, numerosas probas as que se disputan nestas datas na nosa provincia, con mención especial ao Ourense Termal Athletic Meeting que terá lugar o 29 de maio nas pistas de atletismo do Campus universitario das Lagoas.

Protagonisma para as dúas rodas. Máis novidades sobre «La Vuelta» con acento ourensán; a actualidade do Club Ciclista Maceda e o Campionato de Galicia de contrarreloxo.

Artes marciais, fútbol, ximnasia e moito máis no número 140 do Barrios Deportivo.

Se queres ver ou consultar o  periódico pincha neste enlace. Pincha