O 17 de maio o hipódromo de Antela celebra unha nova xornada de carreiras de cabalos.

Carreiras de cabalos no Día das Letras Galegas

Xa son todo un clásico as carreiras que celebra o hipódromo de Antela cada 17 de maio. Este ano increméntase o número de probas debido ao aumento de cuadras e cabalos.

Disputaranse dúas carreiras de Pura Raza Árabe (PRA), dúass de Pura Sangues Inglés (PSI) e outras dúas máis de Trote Enganchado; estas dentro do calendario nacional.

As carreiras para a Pura Raza Árabe do mesmo xeito que as de PSI divídense en dúas probas de diferentes niveis. No de máis nivel veremos unha interesante loita entre os mellores PRA que hoxe adestran en Galicia, cun prognóstico moi difícil de aventurar pero que sen dúbida se resolverá entre Pelayo, Sal Alem o Adam Dirkou.

A carreira de debutantes aínda arroxa máis incógnitas calquera dos cabalos pode alcanzar a gloria do triunfo no seu debut.

Os PSI teñen unha dura batalla a resolver entre Jokan e Sissi du Rheu sen deixar de lado ao Cañonero e Capela.

Para a carreira TOP está complicado elixir un gañador; Leffard, PSI Elegante e A Cañiza a priori parece que estarán diante, pero coidado coas sorpresas Gaiola, Iberia ou Doutor Diro poden dar a badalada.

Os trotones con dúas carreiras de interese nas que parten como favoritos Quartz na primeira e Peon For Clara na segunda.

A xornada iníciase ás 13 horas coas carreiras de trote enganchado. Para continuar a partir das 15:45 horas coas carreiras de Galope.