As asociacións participantes dan un notable ás vendas na Feira cunha puntuación de 7,53 sobre 10.

O 100% dos expositores volverían participar na I Feira de Solidaria de Verín

Segundo as enquisas realizadas polo Concello de Verín, o 100% dos expositores volverían participar a I Feira Solidaria de Verín celebrada na praza da Mercé o domingo 15 de maio. Devanditas enquisas, que  foron respondidas por todas as asociacións participantes (15 postos en total), tamén dan un notable ás vendas na Feira cunha puntuación de 7,53 sobre 10.

A concelleira de Turismo, Purificación Caldelas, mostrou a súa total satisfacción co resultado da I edición da feira xa que “logrouse o dobre obxectivo de visibilizar o importante labor que realizan estas entidades na promoción e defensa común dos intereses e dereitos de colectivos desfavorecidos e, como demostran as enquisas, as asociacións acadaron unha importante recadación de fondos que lles permitirá seguir desenvolvendo o seu importante labor social”.

As enquisas realizadas tamén preguntaban aos expositores por unha serie de cuestións entre as que se lle preguntaba a súa valoración, puntuando de 1 a 5 sobre: as instalacións (6,07), as actividades (6,67), o horario da feira (8,36) e  a música (8,93).

Entre os obxectivos da Feira Solidaria atópanse, recadar fondos para os colectivos máis desfavorecidos da comarca de Monterrei, proporcionar información sobre as distintas asociacións que participan no evento e dos servizos que ofrecen, conseguir apoio económico para poder seguir levando a cabo os seus  proxectos e actividades e a creación dun marco de cooperación común  entre os seus organizadores e colaboradores.

Parte dos beneficios recadados na I Feira Solidaria foron destinados a unha menor da localidade, afectada con ataxia por ataxia cerebelosa, con obxecto de axudar no tratamento para loitar contra a súa enfermidade.