A Tenreira Galega será a protagonista este venres.

Degustación de queixo no inicio das xornadas “Quere o teu mercado” da Praza de Abastos

As queixeras da Praza de Abastos de Ourense foron na xornada de onte as anfitrioas para os consumidores do mercado municipal. Tamén representantes das asociacións de veciños da cidade achegáronse ao mercado de abastos para participar nunha visita guiada por técnicos de turismo municipais para coñecer “in situ” a historia deste emblemático edificio ourensán.

No día das queixerías, os veciños foron convidados a degustar petiscos de queixo e pan por cortesía dos comerciantes e foron obsequiados cun pack de leite Galega 100%, cortesía da Xunta de Galicia.

Con esta actividade iniciouse o traballo de recollida de patrimonio oral sobre o mercado co que os veciños participarán nun concurso cuxo gañador será obsequiado cun premio de estancia termal de seis días.

Venres de Tenreira Galega

Este venres a xornada no mercado estará dedicada á Tenreira Galega, polo que os ourensáns poden achegarse á Praza de Abastos de Ourense para degustar este saboroso produto. O ambiente musical correrá a cargo de Grupo Acordeón.

Tamén venres e  sábado, iniciarase a primeira das xornadas de micrófono aberto que permitirá aos ourensáns expresarse sobre a súa percepción sobre a praza de abastos.

Ademais está aberta a inscrición para participar na comida popular que terá lugar na contorna do mercado municipal cun menú a base de polbo, empanada, carne, bica, café e bebida por 22 euros, con animación de baile e talleres para os nenos.

Con estas xornadas, incluídas na programación de “Quere o teu mercado. Unha praza para a historia”, o mercado de abastos súmase este ano a unha campaña fomentada pola Unión  Mundial de Mercados Almacenistas WUWM desenvolvendo actividades que se prolongarán até o 28 de maio.