O ex do Verín vestirá de franxivermello na 2016-17. Este domingo a UD Ourense visita ao Cea (18 horas) no partido de ida das semifinais da Copa Deputación.

Fran Martínez, o primeiro reforzo para primeira

A primeira fichaxe da Unión Deportiva Ourense xa ten nome; trátase do mediocentro Fran Martínez e pouco tardou en aceptar a oferta unionista.

O que será o seu tecnico mostrabase satisfeito pola incorporación. «É un mediocentro que aportará calidade» ademais de que «fará vestiario», apuntaba Dacosta. E é que o xogador tivo no dianteiro unionista, Unai, a un dos baluartes para aterrizar no Couto.

O propio dianteiro xustificaba a súa fichaxe renunciando a outras opción en que «como aquín non me sentirei futbolista en ningún outro lugar». Fran, que vén do Verín, pasou unha mala tempada no equipo do val do Támega, con descenso incluido.

Cea
Este domingo a UD Ourense visita ao Cea no partido de ida das semifinais da Copa Deputación. O encontro dará comezo ás 18 horas.

En canto ao equipo feminino, este xogará este domingo en Velle (12 horas) ante o Mamis Arneles. Unha vitoria daría o ascenso ao equipo.