Os socialistas acusaron en rolda de prensa ao Goberno do PP de «deixadez» e «abandono» en servizos como a UCA (Unidade de Conductas Aditivas), a OMIC (Oficina Municipal de Información ao Consumidor), e o  Servizo de Axuda no Fogar.

Sobre a situación da UCA, a concellleira Carmen Rodríguez Dacosta manifestou a súa preocupación pola «desatención» que se está a producir a un cento de ourensáns que son usuarios desta Unidade, xa que dos 3 médicos da plantilla, só un está traballando na actualidade, polo que o nivel de atención médica viuse diminuído ao 30%, chegándonos incluso queixas de médicos de Atención Primaria que vén como se abandona por parte do Concello aos seus enfermos e do propio persoal da UCA que está tremendamente crispado ante a falta de resposta da concelleira Sofía Godoy ante a súa problemática.

Asemade, as concelleiras socialistas tamén desvelaron a supresión por parte dos populares das actividades educativas sobre consumo responsable que se viñan realizando conxuntamente entre a OMIC e a Concellería de Educación nos centros educativos da cidade, o que pon de manifesto a falta de sensibilidade e preocupación na difusión e educación para o consumo responsable dirixida aos nenos e nenas de Ourense.

Outro tema fundamental para o grup municipal socialista, o funcionamento do Servizo de Axuda no Fogar, segue a presentar as mesmas carencias que xa denunciaran os socialistas dende o inicio do mandato: «seguen sen facerse os seguimentos obrigatorios por lei dos usuarios cada dous meses, seguen sen aumentarse outras 5.600 horas de SAF tal como anunciou o aAlcalde a principios de 2016, outra mentira máis de Jesús Vázquez. A realidade a día de hoxe na xestión do servizo é que hai 76 persoas en lista de espera, 14 de grao III e o resto de grao II (62), as de grado I que son centos non están nin en lista de espera», indicaron.

Sobre o Plan Integra, que nace da detección de necesidades sociais en colectivos excluídos que non poden optar a ningunha axuda de outras administracións públicas, Concepción García desvelou que “a día de hoxe, levamos 11 meses dende que se anunciou “a bombo e platillo”, en outubro de 2015 díxose por parte da concelleira Sofía Godoy que estaba moi avanzado, e en febreiro de 2016 que definitivamente había que desenvolvelo como axuda de emerxencia social ou inclusión social; o único certo do Plan Integra é que a día de hoxe non foron capaces de poñelo en marcha despois de 11 meses, parece o mesmo caso que os pregos da Praza de Abastos da Ponte, que despois de 10 meses sacan adiante un que non vale para nada e logo hai que volver a empezar, máis do mesmo, pero as necesidades dos ourensáns seguen aí.”