Percorrerá 9,4 quilómetros entre Palmés e o colexio Salesianos.

Cáritas organiza o vindeiro 11 de xuño a II Andaina “Ourense ten kilómetros de solidariedade”.  A ruta, de 9,4 quilómetros, partirá de Palmés para rematar no colexio Salesianos.

Trátase dunha andaina apta para toda a familia, e para participar hai que pagar unha inscrición de dez euros, agás os  menores de 12 anos, que poden acudir de balde. A inscrición inclúe unha camiseta e avituallamento. Para achegarse ata Palmés haberá un servizo de bus gratuíto con saída do intercambiador da Alameda, previa solicitude.

Ao finalizar o percorrido realizarase un acto de recoñecemento a socios, colaboradores e voluntarios.

As inscricións realízanse ata o 3 de xuño no teléfono 988 236 819 ou na praza Bispo Cesáreo.