O parque reabre tralos traballos de reparación realizados, entre eles, a instalación dun illante eléctrico baixo o céspede artificial.

Reapertura do parque infantil da estación de autobuses

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense confirmou este mércores á Asociación Veciñal As Termas a reapertura do parque infantil situado na Rúa D xunto a Urbanización de Vivendas Sociais da Estación de Autobuses que estivo pechado temporalmente por traballos de mellora. Xa foron retirados os valados e os precintos.

Os traballos consistiron na instalación de un illante eléctrico baixo o céspede artificial que volveu ser reposto e na plantación de dúas novas árbores en substitución das que están secas, o que permitirá crear zonas de sombra tan demandadas polas usuarias do parque.

Dende a Asociación Veciñal, o presidente Ángel Gómez destaca que «as veciñas e veciños agradecemos que por parte do Concello se atendera rápida a nosa reclamación e que nun prazo tan curto o Parque Infantil xa estea aberto e listo para ser desfrutando plenamente”.

A maiores engade que continuarán «facendo especial fincapé na concienciación para o seu coidado por parte das veciñas e veciños incluído os máis cativos, axudando por exemplo na rega das árbores.” Concienciación fundamental xa que o Parque Infantil As Termas foi unha realidade grazas á insistencia e participación activa da veciñanza por medio da Asociación.