Oito adegas da D.O abrirán as súa portas aos visitantes na xornada do sábado 28 de maio: Joaquín Rebolledo, A Coroa, Alán de Val, Godeval, Roandi, Virxe de Galir, O Cepado e O Casal.

Os interesados en coñecer o inxente patrimonio natural, histórico e cultural dunha das comarcas con máis tradición vitivinícola de Galicia teñen unha cita esta fin de semana en Valdeorras. A comarca acollerá os vindeiros 28 e 29 de maio a celebración das V Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño, iniciativa promovida por Turismo de Galicia.

Así, os visitantes poderán coñecer de primeira man as instalacións das oito adegas da denominación de orixe que participan nesta iniciativa: Joaquín
Rebolledo, A Coroa, Alán de Val, Godeval, Roandi, Virxe de Galir, O Cepado e O Casal.

Rutas
Establécense catro rutas diferentes con autobuses de balde que percorrerán diversos puntos da comarca. A primeira ruta, o sábado 28 pola mañá, ofrecerá a oportunidade de visitar e catar viños nas bodegas ruesas Joaquín Rebolledo e A Coroa. A ruta 2, que tamén se desenvolverá na mañá do sábado, permitirá aos visitantes coñecer as bodegas Alán de Val (na Rúa) e Godeval (no Barco). Na ruta 3, na tarde do sábado, os interesados visitarán as bodegas Roandi e Virxe de Galir, na localidade de Éntoma (no Barco). Finalmente, no marco da cuarta ruta, os visitantes poderán catar os viños do Cepado e do Casal, na localidade de Rubiá.

As persoas que queiran participar na xornada de portas aberta poden reservar a súa praza no autobús de balde enviando un email a  valdeorrasvino@gmail.com ou chamando ao 619 086 326.