Tamén acudirán a Riazor e ao Pazo para participar en sendos torneos.

Despedida de curso para o CxP

Esta fin de semana está chea de actividades deportivas para o Club Ximnasia Escola Pavillón.

A primeira delas e este mesmo venres coa celebración da festa de despedida das escolas deportivas do club. A este evento están invitados o Club Ximnasia Pavillón e as escolas que desde o club se imparten nos distintos centros educativos. En total serán arredor de 160 ximnastas.

Competición
O sábado 28 terá lugar en Riazor a competición galega de nivel escolar de ximnasia rítmica.
E para o domingo  29 está previsto no Pazo dos Deportes Paco Paz a celebración da fase final da Copa Deputación, con presenza de clubs de toda a provincia nas modalidades de rítmica, acrobátia e trampolín.