Presentouse a III Carreira Popular “Vía Nova”.

O sábado 4 de xuño, popular en Bande

A proba deportiva desenvolverase por categorías, sendo a quenda para os escolares a partir das 19.00 horas, nunha carreira que vai desde 100 metros ata 2.000 metros; e a categoría absoluta, cun percorrido de 8 quilómetros, celebrarase a partir das 20.00 horas.

A saída terá lugar na praza da Constitución do municipio e a carreira discorrerá polo casco urbano de Bande.

A proba ten actividades paralelas, xa que contará tamén con atraccións para os nenos e maiores e música en directo. Ademais, os asistentes poderán degustar unha cea despois das carreiras, por un prezo de 12 euros.

Os organizadores agardan superar os 200 participantes do ano pasado. Os interesados en participar poden inscribirse ata o vindeiro xoves, 2 de xuño, a través da web www.championchipnorte.com ou no 650959784, e o prezo da inscrición é de 6 euros para os participantes da categoría absoluta, e gratuíta para os da categoría de escolares.