Foron os mellores no Ourense Termal Athletics meeting.

O domingo  29 de maio as pistas de atletismo do campus de Ourense acolleron unha nova edición do Ourense Termal Athletics meeting. Unha proba cada vez máis consolidada no calendaria da Real Federación Española de Atletismo.
Os mellores atletas deste ano foron Mauro Triana e Esther Navarrete, en homes e mulleres, respectivamente. O deportista galego do Playas de Castellón logrou o triunfo gracias aos 10.46 segundos que fixo nos 100 metros (ilegais a polo  + 2.1 de vento a favor) e nos 200 metros 21.45 segundos.
Por parte de Navarrete, a do Celta de Vigo parou o crono no 3.000 metros en 4:25.16.

Os ourensáns
Pola banda local, as actuacións máis destacadas foron as vitorias de Alfonso Palomanes no concurso de triplo salto (cun mellor intento de 15,63 metros); Bea Viteri, con 3.65 metros, en salto con pértega; Emma Valencia, 15.33 segundos, no 100 metros valados e Alejandro Fernández nos  3.000 metros cun tempo de oito minutos e 12 segundos.