Terá lugar os días 4 e 5 de xuño no complexo deportivo de A Granxa.

41 equipos participan no VII Torneo Internacional de Fútbol 8 “Vila de Verín”

Esta fin de semana, 4 e 5 de xuño terá lugar, no complexo deportivo de  A Granxa e no Estadio José Arjiz, a realización do VII Torneo Internacional de Fútbol 8 ‘Vila de Verín’, no que participarán corenta e un equipos  procedentes de Galicia e o norte de Portugal.

Este torneo está dividido en tres categorías: prebenxamín, benxamín (4 de xuño) e alevín (5 de xuño ). Na categoría prebenxamín competirán nove equipos: Antela, Celanova, ED Ourense, Santa Teresita, Arrabaldo, EDC Verín A, Barbadás, Pabellón C.F e Arrabaldo. En canto a categoría benxamín serán dezaseis as formacións que participen: Antela, Boticas, ED Ourense, EDC Verín B, Santa Teresita, Arrabaldo, Celanova, Diogo Cao (Vila Real), EDC Verín A, Ourense CF, Antela, Barbadás, Purísima, U.D Ourense, Arenteiro e Pabellón.  Por último,  na categoría alevín serán dezaseis os equipos que formen parte desta competición: Antela C.F, E. Barbadás, UD. Ourense, EDC Verín B, Chaves, Maceda, Purísima, Santa Teresita, Sanabria, Boticas, Diogo Cao (Vila Real), EDC Verín A, Ourense CF,  E.F Benfica, Pabellón C.F e Celanova.

Devandito torneo, que se disputarán de 9:45 a 21:00 horas -as dúas xornadas-, está organizado polo Concello de Verín coa colaboración de Cabreiroá, Hortoverín e AEVER-CCU Verín. O VII Torneo Internacional de Fútbol 8 ‘Vila de Verín’ súmase ao ciclo de actividades deportivas realizadas polo Concello de Verín ao longo do ano, destinadas a asentar o concepto de promoción da saúde a través dos campos de creación de ambientes favorables a saúde, fortalecemento da acción e participación comunitaria, desenvolvemento de actitudes persoais saudables e formulación dunha política pública baseada no deporte desde a infancia.