Os encontros servirán para analizar este primeiro ano de mandato municipal.

O mércores 8 de xuño, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad; o venres 10 de xuño, o líder de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome; o martes 14 de xuño, o socialista Jose Angel Vazquez Barquero, e o venres 17 de xuño, Martiño X Vázquez de Ourense en Común. O Colexio de Xornalistas (CPXG) organiza almorzos informativos cos representantes municipais para analizar o primeiro ano de mandato; todos eles serán no Liceo de Ourense.

Os encontros, que avaliarán os proxectos pendentes, a situación de pactos e a influenza do contexto electoral dende as municipais de maio de 2015, comezarán ao longo do mes de xuño na demarcación de Ourense cos representantes do Concello.  Os distintos representantes políticos, de executivo e oposición, serán sometidos ás preguntas dos informadores. Os encontros valorarán o camiñado andado dende as eleccións municipais do ano pasado, os proxectos estratéxicos pendentes, a situación de posibles pactos e alternativas de goberno (nomeadamente, unha hipotética moción de censura), así como a influenza do prolongado ciclo electoral na acción municipal.