A Plataforma Pro Campus súmase á reivindicación da reapertura da residencia

A Plataforma Pro Campus sumase aos alumnos e ex alumnos da Universidade de Vigo así como aos veciños e comerciantes que veñen reivindicando que o Concello de Ourense, a empresa Siresa e a Universidade de Vigo faciliten a reapertura da «Residencia Universitaria As Burgas» para o vindeiro curso académico 2016-17.

«Non cabe dúbida de que o único que se pretende é recuperar a normalidade nun servizo co que se viña contando dende hai 15 anos ata que, froito dun problema urbanístico, deixou de ser ofrecido en agosto de 2014 tras resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia», sinala o seu voceiro, Etelvino Blanco, nun comunicado.

Segundo recorda a Plataforma Pro Campus, trátase dunha residencia que fora construída con fondos públicos e cedida a Siresa para a súa explotación durante 50 anos. «Siresa comunicou pouco antes do peche de 2014 que contaba coa reapertura da residencia en setembro dese mismo ano. Agora, a mediados de 2016, arguméntase dende o Concello que a empresa aínda non ten preparada a documentación requerida para a licitación de apertura«, lembra Blanco.

A Plataforma Pro Campus considera que os representantes da Universidade de Vigo «os que con maior compromiso deberían loitar polos intereses do estudantado, están a disimular bastante ben a súa indignación«. E con respecto ao papel do alclalde, lamenta que hoxe haxa noticias «de cuestións de nulo interese xeral sobre procedemento administrativo como son os tan frecuentemente aludidos ‘informes dos técnicos municipais’ ou a actuación dun órgano chamado ‘xunta de compensación'».

O colectivio insiste en que de non arranxarse o problema antes de que se abra o prazo de preinscripción nas ensinanzas de grao o vindeiro luns 20 de xuño, «estaremos ante a prolongación por terceiro ano consecutivo dunha situación de nefasta xestión do que é público e, tamén, de desprestixio e ridículo da cidade e da UVigo perante a comunidade galega».