A ministra de Emprego en funcións acudiu a Ourense para coñecer o Centro de Coñecemento La Molinera.

Báñez fai campaña en Ourense

A ministra de Emprego e Seguridade Social en funcións, Fátima Báñez, estivo este luns en Ourense, onde, ademais de participar na xunta directiva do PP ourensán, realizou unha visita institucional ao Centro de Coñecemento La Molinera, centro que depende do Concello de Ourense.

«Un centro de orientación, de formación y de apuesta por el emprendimiento», segundo definiuno Báñez, no que se van a implantar programas novos de formación para o emprego e tamén de coworking, como o programa de emprego xuvenil que a semana pasada asinaban a Deputación de Ourense e a Fundación Escuela de Organización Industrial, ou outros proxectos de «envegadura» que serán comunicados en próximas datas, precisaba o alcalde, Jesús Vázquez. Programas que financiará o Ministerio de Emprego con fondos europeos e que «le van a dar oportunidades, en el caso de este centro, a más de mil jóvenes en los próximos meses», valoraba a ministra.

Fátima Báñez puxo en valor a «recuperación social» en materia de emprego nos últimos anos, apuntando datos como que «hoy hay 40.000 parados menos en Galicia que cuando llegamos al gobierno en 2011, y lo más importante es que se han recuperado 50.000 de los empleos destruidos por la crisis”. Tamén citou á nosa Comunidade como un ejemplo de políticas a favor de los jóvenes en el empleo. Hoy podemos decir que hay 10.000 parados menores de 25 años menos de los que había en diciembre de 2011, de ellos mil en Ourense”.  E subliñou que a taxa de paro xuvenil descende na nosa provincia a un ritmo do 12%, o que a coloca «entre las provincias de España que más baja»

Medidas electorais
A ministra aproveitou para facer campaña e anunciar tres novas medidas relacionadas co emprego no caso de que o PP continúe na Moncloa. A primeira delas, “alargar el tiempo de la permanencia en esa tarifa plana de 50 euros de seis meses a un año para dar más oportunidades a los jóvenes»; a segunda, «ampliar a cuatro años» o mínimo exento de cotización á Seguridade Social de 500 euros; e finalmente, que “el primer empleo joven no tenga que cotizar por sus ingresos a Hacienda durante el primer año por IRPF”.