O Centro de Coñecemento Municipal desenvolve este mes 16 actividades formativas para persoas de todas as idades

La Molinera reforza a súa programación con obradoiros sobre dixitalización e impresión 3D

O Concello de Ourense amplía a programación do Centro de Coñecemento La Molinera, con dous novos obradoiros prácticos: “Intégrate en calquera escena: Chroma Key” e “Dixitalización e impresión 3D da túa cara”, que se desenvolverán desde o día 21 polas tardes. Son gratuítos e as persoas interesadas poden realizar a inscrición en www.lamolinera.net ou chamando ao teléfono 988 374523.

As persoas participantes aprenderán os coñecementos e técnicas necesarias para que eles mesmos poidan escanear obxectos 3D e limpar a xeometría obtida para que sexa compatible e apta para a súa posterior impresión 3D. No caso de Chroma, aprenderán a iluminar, gravar e facer a postproducción multicapa de vídeos coas técnicas de chroma key, utilizando proxector, computadores, cámaras, focos e chroma (tea)

Serán impartidos por Joe Velasco, de Astrágalo Studio, artista 3D e especialista en efectos visuais (VFX), publicista e comunicador audiovisual. Esperto en  modelado e animación 3D, postprodución e novas tecnoloxías. Desenvolveranse os días 21, 22, 23, 27, 28 e 29 de xuño, de 16:00 a 18:00h (Dixitalización) e 18:00 a 20:00h (Chroma Key).

A programación de la Molinera neste mes de xuño inclúe 16 propostas:

  •  Rede CeMIT: Cursos Crea páxinas web JOOMLA, Videoconferencia sobre consumo responsable e xusto, Introdución ao deseño 3D e Follas de cácluclo CALC e Introdución HTML e CSS.
  •  Infantil: Obradoiros de robótica e programación minimakers.
  •  Seminarios AMTEGA: Crea páxinas web con WordPress, Marketing dixital para captar e fidelizar clientes e Quén visita o teu web. Google Analytics.
  • Emprendemento: Xornada sobre a Lei 44/2015 e Vía Galicia, aceleradora de empresas e emprendedores.
  • Crea o teu mundo: Obradoiro descubre a fabricación dixital, Dixitalización da túa cara e Chroma key.
  • Descubre la Molinera: visita á cultura da innovación.
  • Talento ourensán polo mundo: master class de Marco Rocha, director de comunicación online da selección española de fútbol.