Alumnado do CEIP de Castrelo do Val realiza prácticas de RCP

O pasado día 21 e xusto antes de irse de vacacións os alumnos do CEIP de Castrelo do Val recibiron a visita de tres Técnicos en Emerxencias Sanitarias de Ambulancias Sil, os cales lle ensinaron como actuar nunha situacón de emerxencia como pode ser un atragantamento, aprender a facer unha PLS (posición lateral de seguridade), asi como as técnicas de RCP (reanimación cardiopulmonar).

Os escolares tamén puideron ver de primeira man unha ambulancia asistencial que a empresa Ambulancias Sil desprazou ata o colexio desinteresadamente.