Hoxe xoves disputanse as finais do torneo dos campións entre o Cartelle e Xinzo (feminina) e Os Escornaboys e Hermanos Carral, masculina.

Cartelle – Xinzo e Hermanos Carral – Os Escornaboys, as finais do VII Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala -O Torneo dos Campións-.

Os Escornaboys – Atlético Maside
Na primeira das semifinais Os Esconaboys demostraron a súa superioridade na maior parte dos 50 minutos do partido. Os campións da Liga Local ourensá lograron poñerse con claro 5-0. Pero a vontade dos de Maside fixo crer na remontada o lograron recurtar distancias ata porse a un gol dos rivais (5-4).

Cando a emoción estaba na súa cota máxima, cos xogadores do Maside volcados na portaría contraria en busca dun gol que lles dera o empate, os ourensáns templaron nervios e dous goles en sendas xogadas seguidas decantou o encontro cara os actuais campións do torneo. 7-4 no marcador dun partido que os dous contrincantes deixaron moi bo sabor de boca.

Hermanos Cruz – Hermanos Carral
A segunda semifinal deparaba un Hermanos Cruz contra Hermanos Carral. Un novato na competición (Cruz) contra un asiduo deste torneo (Carral). A experiencia do Carral neste torneo fixo que se decantara a balanza a favor dos do Carballiño, ante un voluntarioso Cruz ao que lle costou meterse no partido. O Hermanos Carral golpeou primeiro e colleu unha vantaxe de dous goles a cero, pero antes dos descanso o Hermanos Cruz logrou empatar o encontro.

Na segunda metade o subcampión da Liga Provincial ben asentado no parquet da central dos Remedios foi quen de lograr dous goles máis (4-2) que non tiveron resposta por parte dos ourensáns. Con este resultado se chegaría ao final do encontro e o Hermanos Carral que regresa a unha final no Trofeo Barrios Deportivo.

Finais
Este xoves saberase que dous equipos (masculino e feminino) son os campións do VII Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala.

Cartelle e Xinzo Feminino disputarán a final feminina ás 20:15 horas na cancha central dos Remedios. As xogadoras do Xinzo defenden o título ante as de Cartelle, campioas da Liga Provincial deste ano.

Para as 21:15 horas queda a final masculina. Os dous últimos vencedores do «Torneo dos Campións» veranse as caras para saber quen é o gañador. Os Escornaboys – Hermanos Carral.

Os Escornaboys queren repetir por segundo ano consecutivo, mentres que o Hermanos Carral quere volver a saborear o que é alzarse con este título dous anos despois.